lunes, 14 de septiembre de 2009

Os encantos da Pobra do Brollón

A Pobra do Brollón é un Concello descoñecido do sur da provincia de Lugo.
Ten moitos encantos, e hoxe voume centrar só nas adegas milenarias de Vilachá, unha aldea do Concello que limita con Monforte de Lemos, e que pertence á Ribeira Sacra, coñecida pola calidade dos seus viños.
Deixo unha fotos destas adegas que paga a pena visitar.

miércoles, 17 de junio de 2009

As cousas de María Castaña


O pasado día 16 de maio, na igrexa parroquial de Cereixa, tivo lugar unha interesantísima conferencia a cargo de Xurxo Ayán, ilustre arqueólogo de Cereixa.


Eu tiven a oportunidade de asistir á conferencia na que aprendín moitas cousas interesantes sobre Cereixa e os nosos antecesores. A verdade é que valeu moito a pena.
Despois da conferencia, unha comida de irmandade con toda a xente da parroquia.
No menú, sardiñada,

paella

e postres regado todo con bo viño da zona.
Recomendar tamén unha visita ao blog de Xurxo Ayán premendo aquí.