jueves, 25 de diciembre de 2008

Outro paseo en bici

Esta fin de semana, coa agradable compañía de Óscar Sánchez, ilustre gaiteiro e profesor da escola municipal de música da Pobra do Brollón, demos un paseo lixeiriño e moi agradable en bicicleta de montaña polos camiños da Chá de Castro e arredores, na Pobra do Brollón.
A ruta é duns 14 Km en total, e faise ben nunha hora.
Parte de Nogueiras, xa que eu vivo alí, e termina en Nogueiras. Pasamos polos barrios de Cereixa do outro lado do río, A Lende, A Zapateira, e collemos a pista que sube a Guntiñas. Unha vez en Guntiñas fomos por camiños de terra que aínda estaban xeados ás 17:00, para acabar en Castrosante.
Desde Castrosante, pasando polo alto de Santa Lucía, pasamos a Saa, A Pobra e Nogueiras, onde rematamos o traxecto mortos de frío (pertiño das 18:00)

Aquí vos queda a ruta:



Podedes ver aquí algunhas fotos da zona.
Espero que vos gusten.

lunes, 15 de diciembre de 2008

A neve que nos visita...


A pasada fin de semana, o domingo día 14 de decembro, unha visita marabillosa e inesperada espertounos. Cando abrín a fiestra da miña alcoba atopeime coa inesperada compaña da neve. Decidinme a poñerme unhas botas, roupa de abrigo, e sair a facer unhas fotos para compartir neste espazo.
Lembranzas doutro tempo encheron os primeiros momentos do día, cando de nenos faciamos bonecos de neve envolvendo as bolas e colocándoas unhas enrriba das outras. Foi como voltar á infancia, co calor do cariño dos meus que fixo que non sentira o frío do día.

martes, 11 de noviembre de 2008

Un paseo en bici

Da gusto mirar ao noso arredor nestas datas nas que o monte ten esa incríble paleta de cores. Un paseo en bicicleta de montaña polas pistas dos montes do Concello da Pobra do Brollón é unha experiencia estupenda.
Non son moi coñecidos estes camiños nin os povos aos que levan, pero sí que é moita a beleza das paraxes e a xentileza das súas xentes.
Vai como mostra unha pequena presentación de fotos dese día, por se a alguén lle apetece facela.